Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo consistente na realización de traballos de operación para o Departamento de Explotación, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: A12-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na realización de traballos de operación para o Departamento de Explotación.

c) CPV: 72250000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.11.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 192.600,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 192.600,00 euros. Importe total: 227.268,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.1.2012.

b) Data de formalización do contrato: 23.1.2012.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 173.340,00 euros. Importe total: 204.541,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable