Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública de nomeamento de funcionario de carreira.

Por resolución da Alcaldía deste concello de Mos, do 18 de novembro de 2011, unha vez concluído o proceso selectivo correspondente e de acordo coa proposta do tribunal, noméase como funcionario de carreira a Víctor Rodríguez Pérez, con número de DNI 36133343-K na praza de técnico de Administración xeral, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A; subgrupo A1.

Contra a resolución de nomeamento, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación. Potestativamente, poderase interpoñer con anterioridade, recurso de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Mos, 21 de novembro de 2011.

Nidia M.ª Arévalo Gómez
Alcaldesa-presidenta