Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público para o ano 2011.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 28 de decembro de 2011, modifícase o Acordo do 13 de xullo de 2011 polo que se aproba a oferta de emprego para o ano 2011, que queda aprobada nos seguintes termos:

Provincia: Lugo.

Corporación: Concello de Becerreá.

Número de código: 27006.

Funcionarios de carreira.

Grupo C1, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo. Forma de provisión: promoción interna.

Persoal laboral.

Nivel de titulación: graduado en ESO ou equivalente. Denominación do posto: condutor. Número de vacantes: 1. Consolidación de emprego temporal (disposición transitoria cuarta do EBEP).

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Becerreá, 13 de xaneiro de 2012.

Manuel Martínez Núñez
Alcalde