Aprobación inicial do estudo de detalle para o sinalamento de aliñacións e rasantes nun solar sito no camiño do Merlo; promovido por Río Eume, S.L.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 5 de xaneiro de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle para o sinalamento de aliñacións e rasantes nun soar sito no camiño do Merlo, promovido por Río Eume, S.L., redactado polo arquitecto Manuel Porto Vila, de data xullo de 2008.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que, durante o prazo de vinte (20) días, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.
Suspensión de licenzas.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 5 de xaneiro de 2012, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no devandito estudo de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Mugardos, 16 de xaneiro de 2012.
Xosé Fernández Barcia
Alcalde