Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica o acordo de inicio de procedemento para deixar sen efecto a axuda e para o reintegro do percibido indebidamente, en relación co expediente 27/50051/04A de axuda á primeira instalación de melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias (Real decreto 613/2001), do interesado José Marcel Piget Guillaume.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio de procedemento para deixar sen efecto a axuda e para o reintegro do percibido indebidamente.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio para, antes de ditar resolución, alegar ou presentar os documentos que considere pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

– Procedemento: expediente núm. 27/50051/04A de axudas á primeira instalación de melloras estruturais e modernización das explotacións agrarias (R.D. 613/2001).

– Interesado: José Marcel Piget Guillaume.

– Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento para deixar sen efecto a axuda e para o reintegro do percibido indebidamente.

– Último enderezo coñecido: Vilaxuste 27000, Portomarín. Lugo.