Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se somete á información pública o proxecto de acondicionamento de predios nas parroquias da Couboeira, Masma e Vilamor (Mondoñedo-Lugo).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do 1 de febreiro de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No sumario, onde di: «proxecto de acondicionamento de predios», debe dicir: «estudo de impacto ambiental do proxecto de acondicionamento de predios».

No corpo do texto, onde di: «proxecto de acondicionamento de predios», debe dicir: «estudo de impacto ambiental do proxecto de acondicionamento de predios».

Esta modificación non afecta o prazo de trinta días hábiles nos cales se dispón que o estudo de impacto ambiental se someterá ao trámite de información pública.