Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Sestelo Central Eléctrica.
Domicilio social: Doutor Fernández Vega 14, 36000 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T.C. Decon.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con condutor Hersatene D.H.Z.1 de 140 metros de lonxitude, con orixe nun apoio da L.M.T.A. de derivación á Ponte das Partidas e con entrada e saída no C.T. proxectado Decon. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Urcela de Abaixo, Moreira, Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo.
Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 5 de xaneiro de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra