Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (798/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 798/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Carballo Hortas contra a empresa Reformas e Pinturas Afonso Moraes, S.L. sobre reclamación de cantidade –ordinario–, ditouse a seguinte

«Sentenza.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Carballo Hortas, contra a entidade Reformas e Pinturas Afonso Moraes, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Contratas Reformas e Pinturas Afonso Moraes, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.634,66 euros brutos, por salarios percibidos entre xullo e setembro de 2010, así como a compensación económica por vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10% por demora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L. en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente na Coruña o dezasete de xaneiro de dous mil once.

A secretaria xudicial