Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4979

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de xaneiro de 2012 pola que se modifica a Orde do 29 de abril de 2011 pola que fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2011 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

A Orde do 29 de abril de 2011 fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2011 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

O artigo 1 da citada orde establece o crédito orzamentario para as solicitudes de axuda por importe de nove millóns novecentos corenta e dous mil oitenta e cinco euros (9.942.085 euros) distribuído por anualidades e partidas orzamentarias.

O artigo 57 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia establece que non poderán adquirirse compromisos de gastos por contía superior ao importe dos créditos que figuren no estados de gastos.

O necesario equilibrio entre ingresos e gastos exixe o axuste dos créditos inicialmente asignados para a anualidade 2012 polo que se fai necesario adoptar medidas de recorte no crédito autorizado para as axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira e a modificación da orde que fixa o importe do crédito.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Minoración do crédito orzamentario para 2012.

Minorar para o exercicio orzamentario 2012 o importe da contía prevista na Orde do 29 de abril de 2011 pola que fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2011 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira, quedando as partidas e contías como seguen:

Partida orzamentaria 14.04.723B.770.0: 890.000 €.

Partida orzamentaria 14.04.723B.780.0: 539.000 €.

Artigo 2. Prazos de solicitude.

As modificacións non afectan os prazos establecidos para a presentación de solicitudes nin o resto do seu articulado.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar