Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de seis (6) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia. (Cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 61%. Eixo/medida 3.3: Portos pesqueiros).

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato de subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de seis (6) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2011-14-405.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16390

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición: subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de seis (6) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia.

(Esta actividade está cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 61%. Eixo/medida 3.3: Portos pesqueiros.

c) CPA (referencia de nomenclatura): 26.20, 26.51.66 e 28.29.3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 141.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.7.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 175.000 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 175.000 euros. Importe total: 206.500 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.12.2011.

b) Data de formalización do contrato: 23.12.2011.

c) Contratista: Saec Data, S.A., con NIF: A36631653.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 159.075 euros. Importe total: 187.708,50 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi o único licitador finalmente admitido.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Mediro Rural e do Mar