Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a corrección dos pregos de cláusulas administrativas e condicións técnicas que rexen no procedemento aberto da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Advertíronse erros nos pregos que rexen na licitación que foi publicada por Resolución do 26 de decembro de 2011 en anuncio do Diario Oficial de Galicia número 17, do mércores 25 de xaneiro de 2012. O texto coas correccións incorpórase á epígrafe Pregos relativos á contratación, no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17114

2. O prazo de presentación de propostas terminará no décimo quinto día natural, ás catorce horas, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

3. O resto de puntos do anuncio citado mantense sen ningunha alteración.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2012.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura