Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4992

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 11 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada por Orde do 27 de outubro de 2011 (DOG núm. 222, do 21 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 27 de outubro de 2011 (DOG núm. 222, do 21 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde do 27 de outubro de 2011.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino o persoal está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o persoal, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o persoal, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/das poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Alonso Moraleja, Francisco Javier.

NRP: 1230613524 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Coordinación Administrativa.

Código: TR.C99.10.000.15001.100.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Caridad Alonso, María Pilar.

NRP: 3240513835 A2051.

Grupo: A2.

Corpo/escala: Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal.

Código: TR. C99.10.000.15001.680.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Herrero Riaño, Pilar.

NRP: 0342262424L145100041.

Grupo: I.

Categoría: 004.

Denominación do posto: director/a de Residencia de Maiores.

Código: TR.C99.40.802.15770.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro (Santiago de Compostela).

Localidade: Santiago de Compostela.

Observacións: B10//Complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 28, co límite establecido no convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.