Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro 5.226 San Juan, sito no concello da Gudiña (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.226.

Nome: San Juan.

Tipo de dereito: concesión directa de explotación.

Peticionario: Minas Metálicas del Noroeste, S.L.

Enderezo: Minas de San Fins 1, Santa Eulalia de Vilacova, 15212 Lousame (A Coruña).

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 7.

Recursos: recursos da sección C.

Concello: A Gudiña (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 11’ 00”

42º 01’ 00”

2

7º 10’ 40”

42º 01’ 00”

3

7º 10’ 40”

42º 00’ 40”

4

7º 10’ 20”

42º 00’ 40”

5

7º 10’ 20”

42º 00’ 20”

6

7º 10’ 00”

42º 00’ 20”

7

7º 10’ 00”

41º 59’ 40”

8

7º 10’ 40”

41º 59’ 40”

9

7º 10’ 40”

42º 00’ 20”

10

7º 11’ 00”

42º 00’ 20”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de novembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense