De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula aos hros. de Antonio Coiradas Lorenzo o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 17 de novembro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 2, sito en Outes, relativo ao proxecto 00773 – L.M.T.S., C.T., R.B.T. O Rego-A Ponte Nafonso-Vilardigo. Exp. IN407A 07/526. T.M. Outes, expediente 2009/006158, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.
Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00773 – L.M.T.S., C.T., R.B.T. O Rego-A Ponte Nafonso-Vilardigo. Exp. IN407A 07/526. T.M. Outes.
N.º de expediente: 2009/006158.
Persoas que se notifican: hros. Antonio Coiradas Lorenzo.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. da Coruña.
Expropiados: hros. Antonio Coiradas Lorenzo.
Beneficiaria: Electra del Jallas, S.A.
Predio n.º: 2.
Concello: Outes.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do xurado: 1.930,71 euros.