De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto autonómico 133/2008, do 12 de xuño, polo que que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o seguinte proxecto técnico:
– Proxecto de taller artesanal de restauración de vehículos, na parroquia de Sabarei de Abaixo, cuxo promotor é Sabarei, C.B.
Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalo nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.
O Corgo, 10 de xaneiro de 2012.
José Antonio Ferreiro González
Alcalde