Enrique Rodríguez Jorge, que representa a Rodríguez López, S.L., solicitou neste concello licenza municipal de apertura para a actividade de deseño, fabricación, transformación, comercialización e servizos posvenda de vehículos especiais, sistemas, compoñentes, unidades técnicas independentes e equipamento asociado nunha nave situada na rúa 6, núm. 7 do polígono industrial, deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.
San Cibrao das Viñas, 26 de xaneiro de 2012.
Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde