Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (82/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 82/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Vilela Sánchez contra a empresa Videovisión 2000, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda presentada por Silvia Vilela Sánchez contra a empresa Videovisión 2000, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.024,17 euros máis os xuros de mora. Absolvo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que legalmente puidese corresponderlle.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Notifíqueselles esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Lugo, 13 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial