Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato do servizo de limpeza para os centros Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro, e o complementario de lavandaría da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Mar.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 2011-14-607.
d) Enderezo da internet do perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17011
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo, de servizos.
b) Descrición: servizo de limpeza para os centros Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro, e o complementario de lavandaría da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
c) CPA (referencia de nomenclatura): 81.2.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 237.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.12.2011.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 158.584,75 euros.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 158.584,75 euros. Importe total: 187.130,01 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 31.12.2011.
b) Data de formalización do contrato: 3.1.2012.
c) Contratista: Iberclean Limpiezas, S.L., con NIF B36908820.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 135.620 euros. Importe total: 160.031,60 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ofertou o segundo prezo máis baixo, xa que o que ofertou o primeiro renunciou á adxudicación.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar