Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4824

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas extraordinarias para a obtención do título de graduado en educación secundaria para persoas que estean integradas nas Forzas Armadas.

A Orde do 19 de febreiro de 2009, DOG do 4 de marzo, pola que se regulan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para persoas maiores de dezaoito anos, prevé no seu artigo 5 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoque probas extraordinarias cando exista un número suficiente de aspirantes que acrediten a imposibilidade de facelas nas convocatorias ordinarias de xuño e setembro.

Unha porcentaxe moi elevada do persoal militar profesional de tropa e mariñeiría da Comunidade Autónoma de Galicia que está a preparar estas probas nos seus respectivos acuartelamentos non pode realizalas nas datas ordinarias de convocatoria por estar a navegar ou a participar en misións no exterior. Tendo en conta esa circunstancia e os acordos da comisión mixta de seguimento do convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa e a Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar probas extraordinarias para a obtención do título de graduado en educación secundaria, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Primeiro. Requisitos das persoas aspirantes.

1. Poderase inscribir para realizar estas probas o persoal militar profesional de tropa e mariñeiría con destino nos acuartelamentos da Comunidade Autónoma de Galicia que teña cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización das probas.

2. As persoas solicitantes que estean matriculadas nas ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, nas modalidades presencial ou a distancia, deberán presentar previamente ante a dirección do centro correspondente a renuncia ao dereito a seren avaliadas pola matrícula oficial. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de inscrición nas probas libres, xuntando copia da devandita renuncia á solicitude. O incumprimento deste requisito implica a anulación da inscrición nas probas.

3. Para a realización das probas, as persoas aspirantes acreditarán a súa identidade co documento nacional de identidade, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Segundo. Contidos da proba.

1. Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

a) Ámbito da comunicación. Inclúe exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (inglés ou francés).

b) Ámbito científico-tecnolóxico. Inclúe exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía, e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.

c) Ámbito social. Inclúe exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de educación plástica e visual, e música.

2. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, dous días antes da data de realización das probas, enviará un funcionario acreditado para recoller os protocolos de exames na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Logo de recibidos os protocolos, entregaránselle ao presidente do tribunal responsable das probas, en presenza do xefe do Servizo Territorial da Inspección Educativa ou do persoal funcionario en quen delegue.

3. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para que, en ningún caso, se poida coñecer o contido das probas antes da súa realización.

Terceiro. Centro onde se realizarán as probas.

As probas realizaranse no Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, provincia da Coruña.

Cuarto. Inscrición.

1. A solicitude de inscrición axustarase ao modelo que figura como anexo I da Resolución do 4 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas extraordinarias para a obtención do título de graduado en educación secundaria para persoas que estean integradas nas Forzas Armadas, DOG do 1 de marzo, e realizarase na secretaría do mencionado centro.

2. O prazo para solicitar a inscrición será o comprendido entre os días 7 e 9 de marzo, ambos os dous incluídos.

3. O día 12 de marzo, a dirección do mencionado centro deberá comunicar o número de aspirantes que solicitan a realización da proba ao correo electrónico:

educadultos@edu.xunta.es

do Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

4. Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria. Para iso utilizarase o modelo que figura no anexo II da mencionada Resolución do 4 de febreiro de 2011, DOG do 1 de marzo, no que se expresará a razón pola que se solicita a exención, das previstas no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro. As persoas procedentes doutra comunidade presentarán, ademais, copia compulsada da documentación en que se acrediten os últimos estudos realizados.

O director do centro, de conformidade co artigo 19 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, resolverá sobre a concesión ou a denegación da exención, fará pública tal circunstancia no taboleiro de anuncios e comunicarallo ao presidente ou á presidenta do tribunal, polo menos tres días antes da data de realización da proba.

Contra a resolución da dirección do centro cabe interpor recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, que esgotará a vía administrativa.

5. De formalizaren a súa solicitude persoas con necesidades educativas especiais que soliciten recoñecemento desas necesidades para realizar as probas, o tribunal adoptará as medidas que considere oportunas para facilitar a súa realización. Cando sexa necesario, a presidencia do tribunal poñerao en coñecemento da Xefatura Territorial da Consellería na Coruña.

Quinto. Data e normas de realización.

1. As probas realizaranse o día 23 de marzo en sesións de mañá e tarde.

2. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizaranse as probas do ámbito científico-tecnolóxico; na segunda, das 12.30 horas ás 14.00 horas, realizaranse as probas do ámbito social.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua galega e literatura.

a.1) Exercicio de redacción.

O tribunal elixirá un tema para llelo propor ás persoas aspirantes. O tema elixido debe ser, preferentemente, de interese social ou cultural e de ampla difusión.

Na valoración da redacción terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos como máximo.

a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.

O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.

b) Lingua castelá e literatura.

b.1) Exercicio de redacción:

Realizarase conforme o disposto no punto a.1 para a lingua galega e literatura.

O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.

b.2) Cuestións de lingua castelá e literatura:

O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.

c) Lingua estranxeira.

O tempo para a súa realización será de corenta e cinco minutos.

Sexto. Avaliación e puntuación das probas.

1. O profesorado que compoña o tribunal realizará a avaliación das probas por ámbitos de coñecemento e en función da súa especialidade. Este profesorado, cando exista discrepancia na cualificación dalgún ámbito, actuará de maneira colexiada para establecer a cualificación definitiva das probas. Unha vez avaliados os tres ámbitos, cando unha persoa fose avaliada negativamente nun deles, o tribunal poderá revisar se se lograron, en termos globais, os obxectivos establecidos para a etapa nese ámbito, e modificar a nota proposta en sentido positivo.

2. Entenderanse alcanzados os obxectivos cando, a xuízo do tribunal, a persoa aspirante amose un grao de dominio das competencias básicas que lle permita incorporarse ao mundo laboral, así como proseguir a aprendizaxe ao longo da vida. O tribunal poderá, cando o considere oportuno, convocar as persoas aspirantes a unha entrevista que sirva para aclarar posibles dúbidas sobre a valoración dese ámbito.

3. As persoas para quen o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas no ámbito ou nos ámbitos superados nos termos de suficiente, ben, notable e sobresaliente. Tales cualificacións deberán ser tidas en conta polos tribunais en sucesivas convocatorias, polo que non cumprirá volver realizar as probas dos ámbitos superados.

4. De acordo coas especificacións establecidas no anexo I desta resolución, as persoas aspirantes que acrediten ter superado algún ámbito nas probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria en convocatorias anteriores, algún módulo número catro dos ámbitos da educación secundaria de persoas adultas, algún módulo voluntario dos programas de cualificación profesional inicial ou algún ámbito dos programas de diversificación curricular de cuarto curso quedarán eximidas da realización da proba do ámbito ou ámbitos superados. A cualificación deses ámbitos consignarase nas actas de avaliación das probas nos termos de suficiente, ben, notable e sobresaliente.

5. Quen acredite ter superadas algunhas materias do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria ou de segundo curso de bacharelato unificado polivalente (establecido na Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación), de acordo tamén coas especificacións do anexo I desta resolución, quedará eximido da realización das probas do ámbito ou ámbitos correspondentes. Neste caso, as cualificacións consignaranse co resultado da media aritmética desas materias, redondeada á unidade máis próxima, e, no caso de equidistancia, á superior.

6. A puntuación máxima que se outorgará a cada ámbito será a seguinte:

a) Ámbito científico-tecnolóxico.

Matemáticas.

Ciencias da Natureza.

Tecnoloxía.

Puntuación máxima: 15 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 35 puntos.

b) Ámbito social.

Puntuación máxima: 25 puntos.

c) Ámbito lingüístico.

Lingua Galega e Literatura.

Redacción.

Cuestións de lingua galega e literatura.

Lingua Castelá e Literatura.

Redacción.

Cuestións de lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 5 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 5 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 40 puntos.

7. Cualificación dos ámbitos.

a) Científico-tecnolóxico.

Puntuación

Cualificación

31 a 35 puntos

26 a 30

Sobresaliente

Notable

21 a 25

17 a 20

Menos de 17

Ben

Suficiente

Insuficiente

b) Lingüístico.

Puntuación

Cualificación

36 a 40 puntos

31 a 35

26 a 30

20 a 25

Menos de 20

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

c) Social.

Puntuación

Cualificación

25 puntos

21 a 24

16 a 20

12 a 15

Menos de 12

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

8. No caso de persoas exentas da proba de Lingua Galega, a puntuación máxima que se outorgará ao ámbito lingüístico será esta:

Lingua Castelá e Literatura.

Redacción.

Cuestións de lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 5 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 25 puntos.

Cualificación do ámbito lingüístico para alumnos exentos de Lingua Galega.

Puntuación

Cualificación

25 puntos

21 a 24

16 a 20

12 a 15

Menos de 12

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

9. Cualificación global da proba.

a) Logo de avaliadas as probas, no prazo de dez días, a presidencia do tribunal fará pública a listaxe provisional de aspirantes coas cualificacións positivas, por ámbito, no taboleiro de anuncios do centro.

b) Contra a cualificación provisional das probas poderase presentar reclamación ante a presidencia do tribunal no prazo dos dous días posteriores ao da publicación da listaxe provisional.

c) Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a listaxe de cualificacións.

d) Contra a listaxe definitiva poderase interpor recurso de alzada ante o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, que esgotará a vía administrativa.

e) Logo de rematado o proceso de avaliación, a presidencia do tribunal entregará na secretaría do centro as actas de avaliación e demais documentación relacionada coas probas para a súa tramitación e custodia.

f) As persoas aspirantes que superen os tres ámbitos da proba serán propostas polo centro para a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, a través da aplicación de xestión administrativa de centros (XADE).

Sétimo. Tribunal.

1. O tribunal estará constituído por un inspector ou unha inspectora de educación que actuará como presidente ou presidenta, e catro vogais pertencentes aos corpos de catedráticos ou de profesorado de ensino secundario, preferentemente que estean a impartir o nivel II da educación secundaria para persoas adultas, designados polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. Na composición do tribunal garantirase que exista un vogal que imparta docencia no ámbito de comunicación, idioma estranxeiro, e outros dous que impartan docencia nos ámbitos científico-tecnolóxico e social.

2. Os membros do tribunal poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación, consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

3. O tribunal facilitará aos aspirantes con ámbitos superados unha certificación coas súas cualificacións ou de proposta para a expedición do título, utilizando os anexos II e III desta resolución, e cubrirá a ficha estatística que se xunta como anexo IV. A ficha estatística remitiráselle ao Servizo Territorial de Inspección Educativa, desde onde, co visto e prace do inspector xefe, se enviará á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa antes do día 30 de abril.

Disposición derradeira única.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

1. Equivalencias entre ensinanzas e probas superadas e as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Ámbitos da proba libre dos que pode quedar exento o/a aspirante

4.º curso de educación
secundaria obrigatoria.

Aspirante que superou estas materias

4.º módulo (nivel II)
dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas ou módulos
voluntarios de PCPI

4.º módulo dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas,
currículo LOXSE

2.º curso de BUP (Lei 14/1970, do 4 de agosto). Aspirante que superou estas materias

Ámbito de comunicación

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, primeira ou segunda lingua estranxeira.

Comunicación.

Comunicación.

Lingua Castelá e
Literatura, Lingua Galega e Literatura
e Lingua Estranxeira.

Ámbito científico-tecnolóxico

Matemáticas, Tecnoloxías e Ciencias da Natureza (ou Bioloxía e Xeoloxía, máis Física e Química).

Científico-tecnolóxico.

Ámbito tecnolóxico-matemático.

Ámbito da natureza.

Matemáticas e Física e Química.

Ámbito social

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.

Social.

Da sociedade.

Xeografía Humana e Historia.

2. Equivalencias entre as ensinanzas dos programas de diversificación curricular e as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Ámbitos da proba libre dos que pode quedar exento o/a aspirante

Ámbitos e materias de segundo curso dun programa de diversificación curricular de dous anos ou dun programa de diversificación curricular dun ano

Ámbito da comunicación e ámbito social.

Aspirantes que teñen superado o ámbito lingüístico-social e a materia de lingua estranxeira.

Ámbito social.

Aspirantes que teñen superado o ámbito lingüístico-social.

Ámbito científico-tecnolóxico.

Aspirantes que teñen superado o ámbito científico-técnico e a materia de tecnoloxías.

ANEXO II

Don/Doña..............................................................................................................

Don/Dona

Como secretario/a del tribunal de las pruebas libres para la obtención del título

Como secretario/a do tribunal das probas libres para a obtención do título

de graduado en educación secundaria obligatoria, realizadas en el

de graduado en educación secundaria obrigatoria, realizadas no

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol,

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol,

el día 23 de marzo de 2012.

o día 23 de marzo de 2012.

CERTIFICO QUE, de acuerdo con lo que figura en las actas de estas pruebas,

CERTIFICO QUE, consonte o que figura nas actas destas probas,

Don/Doña.............................................................................................................

Don/Dona

con DNI número........................ ha obtenido las siguientes calificaciones *:

con DNI número obtivo as seguintes cualificacións *:

ÁMBITO DE LA COMUNICACIÓN ________________________________________

ÁMBITO DA COMUNICACIÓN

ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓGICO ____________________________________

ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO

ÁMBITO SOCIAL _____________________________________________________

ÁMBITO SOCIAL

Ferrol, ....................... de ................... de 2012.

V.º B.º El/La presidente/a (Sello del centro) El/La secretario/a

V.º e prace O/A presidente/a (Selo do centro) O/A secretario/a

Fdo. ................................... Fdo. ....................................

Asdo. Asdo.

* SB: sobresaliente; N: notable; B: bien; SF: suficiente; I: insuficiente; NP: no presentado.

* SB: sobresaliente: N: notable; B: ben; SF: suficiente; I: insuficiente; NP: non presentado.

ANEXO III

Don/Doña.................................................................................................................

Don/Dona

Como secretario/a del tribunal de las pruebas libres para la obtención del título de

Como secretario/a do tribunal das probas libres para a obtención do título de

graduado en educación secundaria obligatoria, realizadas en el

graduado en educación secundaria obrigatoria, realizadas no

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, el día 23 de marzo de 2012,

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, o día 23 de marzo de 2012,

CERTIFICO QUE, de acuerdo con lo que figura en las actas de estas pruebas,

CERTIFICO QUE, consonte o que figura nas actas destas probas,

Don/Doña............................................................................................................

Don/Dona

con DNI número........................... ha sido propuesto/a para la obtención del título de

con DNI número foi proposto/a para a obtención do título de

graduado en educación secundaria.

graduado en educación secundaria.

Ferrol, ....................... de ...................de 2012.

V.º B.º El/La presidente/a (Sello del centro) El/La secretario/a

V.º e prace O/A presidente/a (Selo do centro) O/A secretario/a

Fdo. .................................... Fdo. ....................................

Asdo. Asdo.

ANEXO IV
Probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria
obrigatoria para maiores de dezaoito anos

Centro: CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Localidade: Ferrol. Provincia: A Coruña.

Data de realización da proba: 23 de marzo de 2012.

Número de aspirantes inscritos/as ........

Número de aspirantes presentados/as ........

Número de aspirantes cun exercicio superado .......

Número de aspirantes con dous exercicios superados .......

Número de aspirantes propostos/as para título......

1. NÚMERO TOTAL DE ASPIRANTES PRESENTADOS/AS, SEGUNDO IDADE E SEXO.

Ata 19

20 a 25

26 a 30

31 a 35

36 a 44

45 a 54

55 a 64

Máis de 64

Homes

Mulleres

Total

2. PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, SEGUNDO IDADE E SEXO.

Ata 19

20 a 25

26 a 30

31 a 35

36 a 44

45 a 54

55 a 64

Máis de 64

Homes

Mulleres

Total

3. NÚMERO TOTAL DE ASPIRANTES PRESENTADOS/AS QUE SE PROPOÑEN PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN SECUNDARIA OBRIGATORIA.

Ata 19

20 a 25

26 a 30

31 a 35

36 a 44

45 a 54

55 a 64

Máis de 64

Homes

Mulleres

Total

Asdo. ..................................................................