1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1.º Dependencia: Servizo de Contratación.
2.º Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2.ª planta.
3.º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4.º Teléfono: 881 54 27 87.
5.º Telefax: 881 54 27 62.
6.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7.º Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 9 de marzo de 2012.
d) Número de expediente: AB-CON1-12-002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: desenvolvemento da campaña publicitaria Sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de decembro de 2012.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Relativos a aspectos cualitativos (sobre B) – Creatividade e estratexia da planificación proposta – Sistema de seguimento e control Relativos a aspectos cuantitativos (sobre C) – Mellor prezo para insercións de anuncios en prensa, radio, televisión, internet e exterior – Comisión da axencia (deberá ser menor ou igual ao 2%) |
0-40 0-10 0-40 0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 2.200.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 1.000.000 euros. Importe total: 1.180.000 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo T, subgrupo 1 e categoría D.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver número 15 da folla de especificacións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de marzo de 2012.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1.º Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2.º Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.
3.º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do decimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de xaneiro de 2012.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.
P.D. (Decreto 310/2009, Orde 3.7.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos