Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4856

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 16 de xaneiro de 2012 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada por Orde do 30 de setembro de 2011 (DOG número 196, do 13 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 30 de setembro de 2011 (DOG número 196, do 13 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 30 de setembro de 2011.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

NRP: 0262688413 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/Escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Rodríguez Álvarez, Raúl.

Código do posto: TR.C99.20.902.36001.001.

Denominación: director/a O.E.1.

Nivel: 25.

Dependencia: oficina de emprego de Pontevedra-Bisbarra.

Localidade: Pontevedra.

NRP: 3528422657 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/Escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Trastoy Vázquez, M.ª Pilar.

Código do posto: TR.C99.20.901.36001.001.

Denominación: director/a O.E.1.

Nivel: 25.

Dependencia: oficina de emprego de Pontevedra-Concello.

Localidade: Pontevedra.

NRP: 3495350602 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/Escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Moure Fernández, José Manuel.

Código do posto: TR.C99.20.901.36240.001.

Denominación: director/a O.E.1.

Nivel: 25.

Dependencia: oficina de emprego de Lalín.

Localidade: Lalín (Pontevedra).