Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación dos servizos de vixilancia e seguridade no edificio do Instituto Galego de Promoción Económica de Santiago de Compostela.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación dos servizos de vixilancia e seguridade no edificio Igape de Santiago de Compostela (PA 7/11).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 7/11.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de vixilancia e seguridade no edificio Igape de Santiago de Compostela.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de execución: Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 48 meses, e o inicio da vixencia non será anterior ao 23.5.2012, e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 864.000 euros (oitocentos sesenta e catro mil euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 155.520 euros (cento cincuenta e cinco mil cincocentos vinte euros), total de 1.019.520 euros (un millón dezanove mil cincocentos vinte euros) para a vixencia inicial (48 meses) máis a posible prórroga (24 meses).

Orzamento da vixencia inicial (48 meses): 576.000 euros (cincocentos setenta e seis mil euros) máis 103.680 euros (cento tres mil seiscentos oitenta euros) de IVE, total 679.680 euros (seiscentos setenta e nove mil seiscentos oitenta euros), desagregado en 144.000 euros/anualidade, máis 25.920 euros de IVE, total 169.920 euros/anualidade e 12.000 euros/mes, máis 2.160 euros de IVE, total 14.160 euros/mes.

Orzamento da posible prórroga (24 meses): 288.000 euros (douscentos oitenta e oito mil euros) máis 51.840 euros (cincuenta e un mil oitocentos corenta euros) de IVE, total 339.840 euros (trescentos trinta e nove mil oitocentos corenta euros).

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): grupo M, subgrupo 2, categoría A , equivalente ao grupo III, subgrupo 2, categoría A. Respecto das empresas non españolas de Estados membros da Comunidade Europea observarase o disposto no texto refundido da Lei de contratos do sector público e no artigo 9 do RXLCAP.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: compromiso de asdcribir á execución do contrato os medios persoais e materiais mínimos sinalados nas cláusulas 4.4 e 4.5 do prego de prescricións técnicas, de acordo co establecido no artigo 64.2 da TRLCSP.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 28.2.2012.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1.º Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2.º Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: os sobres B abriranse en audiencia pública o 14.3.2012 ás 10.30 horas. Os sobres C abriranse en audiencia pública o 29.3.2012 ás 10.30 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Criterio

Valoración

Prezo anual sen IVE

60%

Medios técnicos e materiais postos á disposición do posto de vixilancia con carácter permanente

20%

Melloras

20%

11. Outras informacións.

1.º No sobre A (documentación administrativa) deberá incluírse a certificación acreditativa de estar a licitante inscrita e autorizada como empresa de seguridade privada no rexistro de empresas de seguridade da autoridade administrativa competente, para as actividades incluídas nos pregos.

2.º A adxudicataria deberá entregar no prazo máximo de 15 días desde a adxudicación e antes da formalización do contrato a acreditación de póliza de seguro de responsabilidade civil vixente a favor do Igape polos posibles danos causados polos seus traballadores derivados da execución do servizo, por importe mínimo de 700.000 euros, así como a restante documentación sinalada na letra T da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: 2.800 euros máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): –.

14. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacion

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica