Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4731

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 192/2010 MJ).

Nas actuacións recurso de suplicación número 192/2010 ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 1056/2008 MJ do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), Harbour Villargarcía, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. da Seguridade Social número 151, Héctor Luis Barreiro Paulos, sobre accidente de grao, con data ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que con estimación do recurso que foi interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, revogamos a sentenza que con data do 30 de outubro de 2009 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, e desestimamos a demanda presentada por Héctor Luis Barreiro Paulos, absolvendo a parte demandada de todos os pedimentos.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro Harbour Villagarcía, S.L. que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Harbour Villagarcía, S.L., con último domicilio coñecido en lugar Porto Deportivo n.º 8, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña o doce de xaneiro de dous mil doce.

O secretario xudicial
Rubricado