Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se dá publicidade ao informe final no cal se dá resposta ás alegacións presentadas ao proxecto de decreto polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e co parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publicouse, o día 18 de agosto de 2011, no Diario Oficial de Galicia, un anuncio do 8 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se somete a información pública o proxecto de decreto que regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia. Mediante tal anuncio, abríase un prazo para presentar as alegacións que se considerasen oportunas.

De acordo coa normativa vixente, as proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas son tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal recibirán unha resposta razoada, informe que, no caso de materias relacionadas co ambiente ás cales se refiren os artigos 17 e 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, debe ademais ser oportunamente publicado.

Finalizado o prazo de presentación de alegacións ao proxecto de decreto polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia, e de conformidade co artigo 16.1.d) da Lei 27/2006, do 18 de xullo e co artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,

ACORDO:

Dar publicidade ao informe no cal se dá resposta ás alegacións presentadas ao proxecto de decreto polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia.

O devandito informe final poderase consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar:

http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria