Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños nos campamentos xuvenís, centros escolares, actividades culturais e competicións deportivas. (Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 61%).

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato do servizo de realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños nos campamentos xuvenís, centros escolares, actividades culturais e competicións deportivas. (Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 61%).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2011-14-415.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16389

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición: servizo de realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños nos campamentos xuvenís, centros escolares, actividades culturais e competicións deportivas.

c) CPA (referencia de nomenclatura): 56.29.19.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 141.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.7.2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 101.000 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 101.000 euros. Importe total: 119.180 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.11.2011.

b) Data de formalización do contrato: 30.11.2011.

c) Contratista: Idea, Creatividad y Comunicación, S.L., con NIF: B15398902.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 95.940 euros. Importe total: 113.209,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a súa oferta acadou a máxima puntuación nos criterios cuantificables mediante xuízos de valor e a menor puntuación nos criterios cuantificables mediante a aplicación de fórmulas, e obtivo entre ambos os dous criterios a máxima puntuación total.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar