Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública.

Kubik Energías, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de lavado de vehículos e cambio de pneumáticos na rúa Lamas de Prado núm. 44, baixo.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto– poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 3 de xaneiro de 2012.

Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía, Emprendemento,
Autónomos e Educación