Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo contra as bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia).

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio do 17 de novembro de 2011 en que comunicaba a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo tramitado como procedemento ordinario 1056/2012, interposto pola Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución (ANGED), contra a Resolución do 30 de setembro de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 211, do 3 de novembro de 2010.

En consecuencia, a Secretaría Xeral do Igape acordou nesta data e de conformidade co disposto nos artigos 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos referidos autos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica