Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4197

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 24 de xaneiro de 2012 pola que se nomean os membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 13 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, ente instrumental da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia responsable no ámbito das competencias que lle corresponden en materia de augas.

A constitución da entidade pública empresarial Augas de Galicia producirase coa celebración da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que terá lugar no prazo de tres meses desde a entrada en vigor do citado decreto.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 7 do estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, indicando que é o órgano colexiado de goberno de Augas de Galicia integrado pola Presidencia, que lle corresponde a quen desempeñe a de Augas de Galicia, e a Vicepresidencia que corresponde a quen desempeñe a dirección da entidade. Ademais, formarán parte del os seguintes vogais:

a) Once representantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, propostos polas consellerías seguintes:

Cinco serán propostos pola consellería competente en materia de augas.

Un será proposto polas consellerías competentes en materia de administracións públicas, facenda, industria, sanidade, desenvolvemento rural e pesca.

b) Tres vogais representantes das entidades locais propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias, dos cales un deberá ser, chegado o caso da súa creación, proposto polas áreas metropolitanas que se creen.

c) Oito vogais representantes dos usuarios: dous polos usos domésticos da auga, correspondendo a proposta dun deles ás entidades subministradoras e doutro ás comunidades de usuarios e autoabastecemento, dous polos usuarios agrícolas e gandeiros, dous polos usos industriais e dous en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos.

d) Un vogal en representación das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia.

e) Un/unha representante da Administración xeral do Estado.

Unha vez elixidos os representantes dos sectores hidroeléctrico e ambiental coa participación dos interesados convocados para o efecto e, nos demais casos recibidas as propostas, conforme o artigo 7.4 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, cómpre facer o seu nomeamento, que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude do establecido no artigo 7.5 do citado estatuto e das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia as persoas titulares dos postos que se indican:

a) Once representantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, propostos por cada unha das consellerías competentes nas seguintes materias:

i. Cinco pola consellería competente en materia de augas:

– Titular: a persoa titular da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.

– Titular: a persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas.

– Suplente: a persoa titular da Xefatura de Área de Obras da Axencia Galega de Infraestruturas.

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas.

– Titular: a persoa titular da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Urbanismo.

– Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programación e Proxectos de Augas de Galicia.

– Suplente: a persoa titular da Xefatura do Servizo de Planificación e Programación Hidrolóxica de Augas de Galicia.

ii. Un pola consellería competente en materia de administracións públicas:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil.

iii. Un pola consellería competente en materia de facenda:

– Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimentos de Políticas de Gasto.

– Suplente: a persoa titular do Servizo de Seguimento de Políticas de Gasto.

iv. Un pola consellería competente en materia de industria:

– Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Enerxía.

– Suplente: a persoa titular do Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.

v. Un pola consellería competente en materia de sanidade:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde.

vi. Un pola consellería competente en materia de desenvolvemento rural:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

– Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias.

vii. Un pola consellería competente en materia de pesca:

– Titular: a persoa titular da Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

– Suplente: a persoa titular da Subdirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

b) Tres vogais representantes das entidades locais:

– Titular: a persoa titular da Alcaldía de Malpica.

– Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Santa Comba.

– Titular: a persoa titular da Alcaldía do Barco de Valdeorras.

– Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Silleda.

– Titular: a persoa titular da Alcaldía de Carballo.

– Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Salceda de Caselas.

c) Oito vogais representantes dos usuarios:

i. Dous representantes dos usos domésticos da auga:

– Titular: a persoa titular da Presidencia da Asociación de Traída de Augas de Galicia (Coxapo).

– Suplente: a persoa titular da Secretaría da Asociación de Traída de Augas de Galicia (Coxapo).

– Titular: a persoa titular da delegación de Gestagua en Galicia.

– Suplente: a persoa titular da Xefatura de Explotación Culleredo-Gestagua.

ii. Dous representantes polos usuarios agrícolas e gandeiros:

– Titular: a persoa titular da secretaría xeral da asociación profesional Xóvenes Agricultores (Asaja).

– Suplentes: a persoa titular da secretaría xeral técnica da asociación profesional Xóvenes Agricultores (Asaja).

– Titular: a persoa titular da Secretaría de Desenvolvemento Rural e Producións Forestais da asociación profesional Unións Agrarias UPA (UUAA-UPA).

– Suplente: técnico de gabinete da asociación profesional Unións Agrarias UPA (UUAA-UPA).

iii. Dous polos usos industriais:

– Titular: a persoa designada representante o 23.1.2012 pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

– Suplente: a persoa designada representante o 23.1.2012 pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

– Titular: a persoa designada representante o 23.1.2012 pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

– Suplente: a persoa designada representante o 23.1.2012 pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

iv. Dous en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos:

– Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Ferroatlántica, S.L.

– Suplente: a persoa titular da Dirección UPH Noroeste de Endesa Generación, S.A.

– Titular: a persoa titular da Dirección-Xerencia de Energía de Galicia, S.A (Engasa).

– Suplente: a persoa titular da Presidencia de Norvento Hidráulica, S.A.

d) Un en representación das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia:

– Titular: a persoa titular da presidencia da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega).

– Suplente: a persoa titular da Presidencia da Sociedade Galega de Historia Natural.

e) Un representante da Administración xeral do Estado:

– Titular: a persoa titular da Presidencia da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

– Suplente: a persoa titular da dirección técnica da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas