Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4230

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de xaneiro de 2012 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Unha vez presentada a renuncia pola presidenta suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de decembro de 2010 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Almudena Chacón Pichel como presidenta suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Segundo. Nomear no seu lugar como presidenta suplente do dito tribunal a Ana Fonte Bouza, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda