Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4089

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación de subvencións concedidas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

O artigo 22.2 da Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas (Diario Oficial de Galicia número 99, do 24 de maio de 2011) dispón que as subvencións concedidas serán obxecto de publicación segundo o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ás entidades que, en aplicación do artigo 10.3 da Resolución do 19 de maio de 2011 de convocatoria das axudas, resultaron beneficiarias ao quedar crédito libre por producirse unha renuncia.

Lugo, 5 de xaneiro de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: SI449A.

Finalidade: facilitar a conciliación da vida familiar e laboral mediante a realización polas asociacións de nais e pais, de programas de actividades extraescolares e complementarias.

Crédito liberado por renuncia: 3.981,23 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.312G.481.0, cofinanciado ao 80% polo Fondo Social Europeo a través do Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidade

CIF

Importe

ANPA CEIP Vista Alegre

G27030154

2.157,11 €

ANPA CEIP Juan Rey

G27317312

1.824,12 €