Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2012, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica requirimento de emenda da documentación xustificativa de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2011 para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR521A).

A Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A, DOG n.º 64, do 31 de marzo), faculta, na disposición derradeira primeira, o titular da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación da convocatoria.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ditou resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria, o que foi notificado aos beneficiarios. Superada a data límite de presentación da documentación xustificativa da subvención establecida no artigo 18 das bases reguladoras da convocatoria, modificada pola Resolución do 16 de setembro de 2011 (DOG n.º 187, do 29 de setembro), o órgano instrutor revisou as xustificacións presentadas e identificou expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos.

O artigo 8 das bases reguladoras dispón: «Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, os requirimentos citados de emenda realizaranse preferentemente mediante publicación no DOG, e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios da páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG. Poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro».

Adicionalmente, o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece: «Cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección».

Na súa virtude,

ACORDO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha relación de expedientes do procedemento administrativo PR521A que están suxeitos a emenda ou achega de documentación xustificativa, segundo o establecido no artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta relación achégase como anexo a este anuncio.

2. Identificar o taboleiro electrónico e o taboleiro presencial que se describen neste anuncio como os medios e lugares a onde se remiten os interesados para que obteñan información particularizada dos feitos aquí recollidos, coa indicación de que será onde se publicarán os sucesivos actos integrantes deste procedemento administrativo.

3. Facer indicación expresa a todos os interesados recollidos no anexo de que se requiren para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme o recollido no taboleiro electrónico citado. De non o facer, resolverase o expediente coa documentación dispoñible.

De conformidade coas bases reguladoras, no caso de requirirse certificados acreditativos da inexistencia de débedas coas distintas administracións públicas, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta efectuada polo órgano xestor, o que se indicará na información particularizada para cada interesado. No caso de que por razóns alleas ao solicitante non se poidan obter os devanditos certificados dentro do prazo de emenda concedido, os solicitantes deben achegar inescusablemente o orixinal ou copia compulsada do xustificante da solicitude en prazo do devandito certificado, achegando o certificado orixinal en canto lle sexa entregado pola Administración correspondente.

4. Identificar que o acceso aos contidos do devandito taboleiro electrónico pode facerse por tres canles electrónicas distintas. Para empregar calquera das tres canles o interesado deberá dispoñer da primeira folla dos formularios de solicitude, ben en formato papel ou ben en arquivo PDF, que se xerou no seu momento coa aplicación de formalización de formularios de subvención.

4.1. Acceso pola web www.xunta.es, empregando un código electrónico.

O interesado debe acceder á páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no enderezo http://imit.xunta.es, e seleccionar a opción Axudas, en que se amosa o servizo do taboleiro electrónico. Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico deberá introducir, tecleando, o código electrónico (de entre 16 a 20 caracteres alfanuméricos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade no acceso á información de cada solicitante. O enlace dereito a este servizo é o seguinte:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

4.2. Acceso nun clic desde o arquivo PDF da solicitude.

O interesado debe abrir o arquivo PDF da solicitude cun visor Acrobat Reader. Na parte inferior dereita da primeira folla dispón dunha figura con cadrados brancos e negros, un código QR. Premendo dentro da figura do código QR activará un enlace personalizado co que accede directamente á información.

4.3. Acceso a través dun dispositivo móbil, coa fotografía do código QR.

O interesado debe fotografar o código QR da solicitude e dispoñer no seu dispositivo móbil dun software de recoñecemento e acceso á internet, que lle permita enlazar coa URL que está codificada na matriz bidimensional do código QR.

Disponse de información explicativa adicional sobre o uso das canles electrónicas citadas no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/pregunta4.html

Para a presentación da documentación poden seguir as instrucións de xustificación dispoñibles no taboleiro electrónico.

5. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información a través do teléfono 981 54 55 83, do enderezo de correo electrónico sxmit.axudas@xunta.es, ou presencialmente no edificio administrativo de San Caetano, bloque, 5-4.º andar, en Santiago de Compostela (A Coruña). Nesta subdirección xeral tamén se disporá dun taboleiro presencial onde poderá accederse en formato papel á información particularizada para cada un dos expedientes recollidos no dito anexo, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

P.A.
José Luis Somoza Digón
Xefe do Servizo de Xestión da Sociedade da Información

Anexo

Expedientes suxeitos a emenda de documentación
xustificativa do procedemento PR521A

Composto polos 72 expedientes seguintes:

Entidade

NIF

Núm. expediente

PR521A-2011-

Arela Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade

G36846152

15921

Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia

G15557143

16391

Asociación Amicos

G15747678

16242

Asociación Área Empresarial do Tambre

G15037112

16295

Asociación Asistencial Galega de Servizos á Dependencia

G70221304

16011

Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor

G36021970

16212

Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer

G36153757

16096

Asociación de Dano Cerebral da Coruña

G15780166

15919

Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela

G15775604

15775

Asociación de Dano Cerebral de Vigo

G36873511

15790

Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos

G70180807

16534

Asociación de Empresarias da Provincia de Ourense

G32104663

16440

Asociación de Empresarios do Val Miñor

G36772903

16187

Asociación de Empresas Galegas Dedicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías

G15748759

16524

Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

G70128194

16114

Asociación de Escritores en Lingua Galega

G15039936

16121

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer

G15538838

15850

Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

16414

Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego

G15592801

16163

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno Especial Autista

G15048937

16061

Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia

G36830560

16523

Asociación Empresarial de Valdeorras

G32114423

16054

Asociación Galega de Autónomas e Emprendedores

G94035672

16090

Asociación Galega de Editores

G15130594

16231

Asociación Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

G70170808

16506

Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional

G15173263

16258

Asociación la Esperanza del Valle Miñor

G36630572

16303

Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais

G27198977

15858

Asociación O Son do Pobo

G94017704

16492

Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia

G36028603

16380

Asociación para el Proyecto Foltra

G70084538

16421

Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza

G36527745

16181

Asociación para o Fomento da Formación e o Desenvolvemento Rural de Galicia

G70214705

16358

Asociación para o Fomento da Formación e o Desenvolvemento Rural de Galicia

G70214705

16511

Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia

G36820280

16482

Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia (Silvanus)

G15490006

16406

Asociación Provincial de Empresarios de Restauración y Hospedaje de Santiago

G15063613

16166

Asociación Provincial Empresarios Hostelería Lugo

G27021005

16439

Asociación Xarela Formación-Animación

G32261307

16480

Asociación Xaruma

G27746486

16288

Bioga. Clúster Tecnológico Empresarial de las Ciencias

G70259312

16257

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

15867

Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

16456

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

G36805158

16452

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

16027

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

G70115282

16028

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Q1569016G

16318

Confederación de Empresarios de Pontevedra

G36615219

15793

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

15782

Cruz Vermella Española-Galicia

Q2866001G

16401

Federación a Favor de la Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G36620037

16196

Federación Asociación de Persoas con Enfermidade Mental de Galicia

G15545353

16102

Federación de Asociacións de Mulleres Vilagarcía

G36558104

16466

Federación de Asociacións de Persoas Discapacitadas de Pontevedra (Cogami-Pontevedra)

G36704195

16143

Federación de Empresarios Costa da Morte

G15511066

16473

Federación EFA Galicia

G15299357

15739

Federación Galega de Asociación de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e Patoloxías Afíns

G36344950

16438

Federación Galega de Confrarías de Pescadores

V15966856

16324

Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down

G15665144

16413

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

15830

Fundación Centro de Iniciativas Profesionales

G15849318

16495

Fundación Coren

G32246951

16310

Fundación de Estudios e Análises

G15597669

16355

Fundación Down Compostela

G70040258

15822

Fundación G-Prodis

G15969181

15882

Fundación Menela

G36685964

16211

Fundación para a Defensa dos Consumidores

G15761042

16236

Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad

G15859689

16371

Fundación Universidade da Coruña

G15597289

16070

Fundación Universidade da Coruña

G15597289

16508

Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra

G36593606

16347

Unión de Cooperativas. Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

F15156557

16025