Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 3953

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2012 pola que se publican tres encomendas de xestión de Agader a Tragsatec.

De conformidade co previsto no artigo 9.3.º da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG núm. 251, do 31 de decembro), publícanse tres encomendas de xestión que lle encargou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Obxecto: saneamento patrimonial de bens de titularidade de Agader e o control da situación física e legal de bens e dereitos integrantes do Banco de Terras de Galicia.

Natureza e alcance: intersubxectiva.

Vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 30 de xuño de 2012.

– Obxecto: regularización e xestión patrimonial dos bens e dereitos de titularidade de Agader e dos bens e dereitos integrantes do Banco de Terras de Galicia.

Natureza e alcance: intersubxectiva.

Vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 30 de xuño de 2012.

– Obxecto: promoción, formación e apoio no saneamento patrimonial de bens de titularidade de Agader e de bens e dereitos integrantes do Banco de Terras de Galicia.

Natureza e alcance: intersubxectiva.

Vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural