Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de solicitude de licenza de apertura para fábrica de conservas de peixe e outros produtos mariños (expediente 544/1658/2011).

Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase tramitando o expediente 544/1658/2011, de concesión de licenza de apertura para a seguinte:

Actividade: fábrica de conservas de peixe e outros produtos mariños.

Situación: Camiño do Martinete, n.º 11.

Solicitante: Herrero Marinesca Conservas, S.L.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2012.

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo