Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: rúa Doutor Fernández Vega, 14, 36860 Ponteareas.
Denominación: modificado L.M.T., C.T., R.B.T. Cernadela-ponte romana.
Situación: Mondariz.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 252 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES1283 da L.M.T. derivación Cernadela e final no C.T. proxectado Cernadela-ponte romana. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Cernadela, Riofrío, Mondariz. R.B.T. aérea de 1.580 metros con condutor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000 será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 26 de decembro de 2011.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra