Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AEPI 024 2011, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de decembro de 2011, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador AEPI 024 2011, a Club Cisne Azul, CIF X3053822C.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Club Cisne Azul, CIF X3053822C, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora n.º 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou de Caixanova recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de decembro de 2011.

P.A. (Resolución 2.7.2009)
Ricardo García Martínez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: AEPI 024 2011.

Denunciado: Club Cisne Azul.

Documento de identificación: CIF X3053822C.

Último enderezo coñecido: r/ Rivela, núm. 149, Albarellos, Monterrei 32618 (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: cen euros (100 €).