Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 3960

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 16 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 29 de novembro de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 29 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 237, do 14 de decembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º do referido decreto lexislativo, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 29 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 237, do 14 de decembro).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar os funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servizos, ou dun mes se radican en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas aos interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que causen baixa os funcionarios, así como a daquel en que obteñan destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

P.D. (Orde 22.9.2011; DOG n.º 192, do 6 de outubro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Fuertes Carballeira, Manuel Tomás.

NRP: 3270337002 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: letrado/a.

Código: PR.299.10.000.36001.002.

Corpo/escala: xeral (escala letrados).

Nivel: 28.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: Peiteado Pérez, Lorena.

NRP: 7740327002 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: letrado/a.

Código: PR.299.10.000.36001.004.

Corpo/escala: xeral (escala letrados).

Nivel: 28.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.