Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2012, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica requirimento de emenda da documentación xustificativa de subvencións ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011, referente ao desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR520A).

A Resolución do 22 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR520A, DOG n.º 62, do 29 de marzo de 2011), faculta, na disposición derradeira primeira, o titular da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación da convocatoria.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ditou resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria, o que foi notificado aos beneficiarios. Superada a data límite de presentación da documentación xustificativa da subvención establecida no artigo 18 das bases reguladoras da convocatoria, o órgano instrutor revisou as xustificacións presentadas, identificando expedientes nos cales non se reúne algún dos requisitos exixidos.

O artigo 8 das bases reguladoras dispón: «Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, os requirimentos citados de emenda realizaranse preferentemente mediante publicación no DOG, e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios da páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase indicar que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro».

O artigo 2 da convocatoria recolle a obriga de utilizar medios electrónicos, para a xustificación da subvención e para a emenda da documentación, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Adicionalmente, o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece: «Cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección».

Na súa virtude,

ACORDO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha relación de expedientes do procedemento administrativo PR520A que están suxeitos á emenda ou achega de documentación xustificativa, segundo o establecido no artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta relación achégase como anexo do presente anuncio.

2. Identificar o taboleiro electrónico e o taboleiro presencial que se describen neste anuncio como os medios e lugares onde se remite aos interesados para que obteñan información particularizada dos feitos aquí recollidos, coa indicación de que será onde se publicarán os sucesivos actos integrantes deste procedemento administrativo.

3. Facer indicación expresa a todos os interesados recollidos no anexo de que son requiridos para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme o recollido no taboleiro electrónico citado. De non o facer, resolverase o expediente coa documentación dispoñible.

De conformidade coas bases reguladoras, no caso de requirirse certificados acreditativos da inexistencia de débedas coas distintas administracións públicas, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta efectuada polo órgano xestor, o que se indicará na información particularizada para cada interesado. No caso de que por razóns alleas ao solicitante non se poidan obter os devanditos certificados dentro do prazo de emenda concedido, os solicitantes deben achegar inescusablemente o orixinal ou copia compulsada do xustificante da solicitude en prazo do devandito certificado, achegando o certificado orixinal en canto lle sexa entregado pola Administración correspondente.

4. Identificar que o acceso aos contidos do devandito taboleiro electrónico pode facerse por tres canles electrónicas distintas. Para empregar calquera das tres canles o interesado deberá dispoñer da primeira folla dos formularios de solicitude, ben en formato papel, ben en arquivo PDF, que se xerou no seu momento coa aplicación de formalización de formularios de subvención.

4.1. Acceso pola web www.xunta.es, empregando un código electrónico.

O interesado debe acceder á páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no enderezo http://imit.xunta.es, e seleccionar a opción «Axudas», co que se amosa o servizo do taboleiro electrónico. Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico deberá introducir, tecleando, o código electrónico (de 16 a 20 caracteres alfanuméricos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade no acceso á información de cada solicitante. O enlace dereito a este servizo é o seguinte:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

4.2. Acceso nun clic desde o arquivo PDF da solicitude.

O interesado debe abrir o arquivo PDF da solicitude cun visor Acrobat Reader. Na parte inferior dereita da primeira folla dispón dunha figura con cadrados brancos e negros, un código QR. Premendo clic dentro da figura do código QR activará un enlace personalizado co que accede directamente á información.

4.3. Acceso a través dun dispositivo móbil, coa fotografía do código QR.

O interesado debe fotografar o código QR da solicitude e dispoñer no seu dispositivo móbil dun software de recoñecemento e acceso á internet, que lle permita enlazar coa URL que está codificada na matriz bidimensional do código QR.

Disponse de información explicativa adicional sobre o uso das canles electrónicas citadas no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/pregunta4.html

Para a presentación da documentación poden seguir as instrucións de xustificación dispoñibles no taboleiro electrónico.

5. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información a través do teléfono 981 54 55 83, do enderezo de correo electrónico sxmit.axudas@xunta.es, ou presencialmente no edificio administrativo San Caetano, bloque 5-4.º andar, en Santiago de Compostela (A Coruña). Nesta subdirección xeral tamén se disporá dun taboleiro presencial onde poderá accederse en formato papel á información particularizada para cada un dos expedientes recollidos no dito anexo, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

P.A.
José Luis Somoza Digón
Xefe do Servizo de Xestión da Sociedade da Información

Anexo
Expedientes suxeitos a emenda de documentación xustificativa
do procedemento PR520A

Composto polos 53 expedientes seguintes:

Nome ou razón social

NIF

Núm. expediente

PR520A-2011-

2Mares Demil, S.L.

B36697696

24

Academia Postal 3 Vigo, S.L.

B36795565

485

Advanced Systems Puntobit, S.L.

B15995558

23

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

B15862295

102

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

B15862295

291

Aldaba Soluciones y Proyectos, S.L.

B15889405

283

Avansig, S.L.L.

B70271747

426

Ayco Internet, S.L.

B36824480

229

Classora Technologies, S.L.

B27411289

434

Comasis Consultores de Management y Sistemas, S.L.

B15637267

470

Conexiona Telecom, S.L.

B32350795

402

Dhuman Consultores, S.L.U.

B36982569

174

Elaboro, Ingeniería del Software, S.L.

B15838006

286

Emetel Sistemas, S.L.

B15474570

280

Estudios Mega, S.L.

B36964542

119

Everis Spain, S.L.U.

B82387770

297

I más D3 Equipamientos Teclonógicos, S.L.

B36921096

365

Ideit, S.L.

B32325292

330

Igalia, S.L.

B15804842

98

Igalia, S.L.

B15804842

227

Imaxdi Real Innovation, S.L.

B27720390

350

Indra Software Labs, S.L.U.

B84065820

359

Indra Software Labs, S.L.U.

B84065820

364

Infojc, S.L.

B36764827

444

IP Web Services, S.L.

B70225172

147

Laudemio Investimentos de Galicia, S.L.

B70212006

250

Level Telecom, S.L.

B15565294

28

Macrosistemas, S.A.

A36646768

267

Marine Instuments, S.A.

A36924140

56

Nomasystems, S.L.

B15955503

105

Novaware, S.L.

B70219126

181

Opcon Informática, S.L.

B36858512

190

Open Soft Servicios Informáticos, S.L.

B36769917

231

Quadralia, S.L.

B27742337

484

Redegal, S.L.

B32318354

463

Savia, S.L.

B70281662

458

Serinfer Servicios Informáticos, S.L.

B36841070

176

Signo, S.L.

B15868359

450

Softgasa Informática, S.L.

B36832210

473

Soluciones y Proyectos de Información, S.L.

B15986771

104

Sondara Solucions, S.L.N.E.

B36995678

180

Taelpo Seguridad, S.A.

A36569739

154

Taelpo Seguridad, S.A.

A36569739

155

Taelpo Telecom, S.L.

B36246353

48

Taelpo Telecom, S.L.

B36246353

53

Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, S. Coop.

F36049534

50

Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, S. Coop.

F36049534

51

Tecnologías Plexus, S.L.

B15726177

18

Teimas Desenvolvemento, S.L.

B70179973

13

Televés, S.A.

A15010176

15

Valedeme, S.L.

B70211990

251

Visual Microsystems, S.A.

A36333706

10

Wireless Galicia, S.L.

B15916760

249