Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicada:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán 2, 15704 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade do CGAC.

3. Orzamento do contrato: 448.400 €.

Exercicio 2012: 224.200 €.

Exercicio 2013: 224.200 €.

4. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

5. Fianzas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: cinco por cento do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio San Caetano, 15711 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e, así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17114

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo ás 11.00 horas da data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

José Manuel Rey Pichel
Director xeral de Patrimonio Cultural