Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riotorto

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha fosa de zurro.

José Lamas Doval solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a construción dunha fosa de zurro que se vai situar na Veiga de Galegos, parroquia de Galegos; e cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP, no DOG e no taboleiro de anuncios– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Riotorto, 3 de xaneiro de 2012.

Federico Xosé Gutiérrez Estoa
Alcalde