Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3758

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de xaneiro de 2012 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.

A Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm 142, do 26 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 18 de decembro de 2011, tendo en conta diversas cuestións relacionadas coa organización do segundo exercicio e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador do proceso, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda