Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3741

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2.

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2011, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Artigo 3.

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2011, que se incorpora como anexo III a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro,
novembro e decembro de 2011

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural para instrumentar protocolos e/ou calendarios de actuacións operativas por parte do persoal pertencente á Consellería do Medio Rural co apoio operativo dos axentes policiais da Unidade de Policía adscrita.

12.000,00

1.9.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) para a realización do Proxecto de axuda alimentaria urxente aos campamentos de refuxiados saharauis.

17.183,00

1.9.2011

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Toén.

7.9.2011

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para a construción do novo edificio xudicial.

9.9.2011

Acordo polo que se dispón as achegas da Xunta de Galicia a favor da Fundación Semana Verde de Galicia.

50.000,00

12.9.2011

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade La Región, S.A. para a elaboración e difusión de reportaxes sobre o Plan Impulsa Ourense.

29.9.2011

Convenio-Addenda II ao Acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o desenvolvemento de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

7.10.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Entidade Pública Empresarial Red.es para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á posta en marcha dunha rede de emerxencias.

450.000,00

16.11.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Edicións Correo, S.A.U. (El Correo Gallego).

30.000,00

21.11.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade Faro de Vigo, S.A.U. para a publicación no diario Faro de Vigo de reportaxes sobre xustiza, administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias, protección civil, seguridade e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea e avaliación e reforma administrativa.

40.000,00

14.12.2011

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

27.12.2011

ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2011

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

45.000,00

20.5.2011

ANEXO III
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro,
marzo e abril de 2011

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao Máster en Administración local para o ano 2011.

27.4.2011