Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo para a elaboración da versión 2.0 da aplicación informática (Xeceas Web) e o mantemento correctivo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia (AB-SER1-12-015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2.ª planta.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 881 54 27 87.

5. Telefax: 881 54 27 62.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 23 de febreiro de 2012.

d) Número de expediente: AB-SER1-12-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a elaboración da versión 2.0 da aplicación informática (Xeceas Web) e mantemento correctivo e evolutivo de dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución será de tres anos desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72243000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Ponderación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución do sistema

0-10

20%

Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación de recursos

0-10

20%

Melloras

0-10

10%

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-10

40%

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-10

10%

4. Valor estimado do contrato: 481.027,08 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 354.237,29 euros. Importe total: 418.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo y categoría): grupo V, subgrupo 2, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23 de febreiro de 2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2. Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de xaneiro de 2012.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos