Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3414

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

CEEI Galicia, S. A.

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2012 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos por CEEI Galicia, S.A. no terceiro cuadrimestre de 2011.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, publícase a relación dos convenios de colaboración subscritos por CEEI Galicia, S.A. no segundo cuadrimestre de 2011, e que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.

María Teresa Cancelo Márquez
Apoderada de CEEI Galicia, S.A.

ANEXO

A. Convenios de colaboración (artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño).

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de
C.E.E.I. Galicia, S.A.

CEEI Galicia, S.A. e Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga)

Realización e execución de actuacións que favorezan a creación e consolidación das empresas biotecnolóxicas galegas, co fin de impulsar o desenvolvemento do sector biotecnolóxico

15.11.2011

52.890,00 euros

CEEI Galicia, S.A. e Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

Programa específico de fomento da creación de empresas de base académica e tecnolóxica no ámbito das humanidades e ciencias sociais

1.9.2011

59.000,00 euros