Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3412

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade gandeira e de construcións relacionadas con ela.

José Manuel Rodríguez Vázquez, en representación de SAT A Ladeira, solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de corte de vacún, construción de silos forraxeiros, balsa de xurro e legalización de actividade, que se situará en San Vicente, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

O Páramo, 5 de decembro de 2011.

O alcalde