Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2011/351-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.S. parcela 8103, Polígono Industrial As Gándaras.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.Z. de 256 metros de lonxitude, con orixe e final no tramo ATI7080025, entre os CC.TT. de Frinova e El Corte Inglés, unha vez entre e saia do C.S. proxectado. Centro de seccionamento, nun edificio non prefabricado, situado na parcela 8103 do Polígono Industrial As Gándaras, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra