Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3348

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada, interposto por Xermán Souto García.

Con data do 15 de decembro de 2011 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que non se admite o recurso alzada formulado por Xermán Souto García contra a Resolución do 22 de setembro de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG n.º 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se dá publicidade da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG n.º 189, do 3 de outubro de 2011).

Intentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar sendo devoltas polo dito servizo, por «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícaselle a Xermán Souto García a resolución antes referida.

O recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública