Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano relativa aos expedientes de subvención 11150182/2005 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano relativa aos expedientes de subvención números 11150182/2005, 11270241/2005, 11360047/2005 e 11360123/2005 (Orde do 13 de maio de 2005 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Montes (Subdirección Xeral de Recursos Forestais), situada en San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro dos mencionados acordos de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último domicilio coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento dos anos 2008, 2009 e 2010 relativa ao expediente de subvención número 11150182/2005.

Interesado: Juan María Arévalo Madrueño.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último domicilio coñecido: Arroyofresno, 25-4.º esq. A, 28035 Madrid.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento dos anos 2008, 2009 e 2010 relativa ao expediente de subvención número 11270241/2005.

Interesado: Manuel López López.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último domicilio coñecido: lugar de Samos, s/n, 27000 Samos (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2009 relativa ao expediente de subvención número 11360047/2005.

Interesada: María Julia Negro Sarandeses.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último domicilio coñecido: lugar de Belpellos, 8 (Vilariño-Santa María), 36514 Agolada (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2010 relativa ao expediente de subvención número 11360123/2005.

Interesada: CMVMC Carballedo.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último domicilio coñecido: lugar de Carballedo, 36000 Cotobade (Pontevedra).