Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de decembro de 2011 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/140/2010.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 13 de decembro de 2011 ditou a resolución pola que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, consistentes nunha nave cunha superficie de 220 m2, sita nas parcelas coas referencias catastrais 36045A018005160000WJ e 36045A018005210000WS, no lugar de Castiñeira, parroquia de Ventosela, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución intentada polo servizo de Correos, a Ángel Barros Míguez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística