Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto contra a desestimación do recurso de alzada contra a Resolución do 26 de maio de 2011 pola que se aproba o expediente de regulación de emprego da empresa Rodman Polyships, S.A.U.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 479/2011, interposto por Agustín Dacosta Bermúdez, Fernando Abalde Pereira, Manuel Prado Mariño, José Carlos Abalde Pereira, Juan Luis Sio Martínez, Rubén García Cao, José Eduardo Comesaña Iglesias e Concepción Barros López, contra a Resolución administrativa do 26 de setembro de 2011, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 26 de maio de 2011 pola que se aproba o expediente de regulación de emprego número 160/2011 (Pontevedra) da empresa Rodman Polyships, S.A.U.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Relacións Laborais acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais