Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

Desenvolvemento do servizo de prevención alleo de riscos laborais na entidade pública Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente:

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16441

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento do servizo de prevención alleo de riscos laborais na entidade pública Portos de Galicia.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 153.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 10 de agosto de 2011.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

100.299,45 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 100.299,45 euros. Importe total: 118.353,35 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2011.

c) Contratista: Novotec Consultores, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 94.281,48 euros. Importe total: 111.252,15 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia